NA BEIRA DO MAR




Cando as xeadas mañás branquean os campos, un agradable paseo
na beira do mar...

AQUELA ESCALEIRA NUN FRÍO DÍA DE OUTONO...



Frío,
as mans que se queren,
o silencio e o son das pegadas falan,
camiñando xuntos 
a onde nunca fumos,
a onde nunca estivemos.
Aquel outono que non vimos chegar
agachou o camiño...
agachou a escaleira.

AGARDANDO SOLUCIÓNS



Solucións Xa!!!
Non nos quedamos uns mirando para os outros mentras que os incompetentes politicos que nos gobernan non fan nada para solucionar os problemas laborais que sufre a comarca de Ferrolterra.

ESQUECEMENTO




O tempo que pasa,
unha cama baleira e fría,
o chan que ninguén pisa,
po.

A luz dunha fiestra que nunca se abre
iluminando nada.

E nalgún caixón gardado pra sempre...
O esquecemento.



BODEGÓN DE DÚAS BOTELLAS AZUIS CON HEDRA



Un bodegón sinxelo no que quero amosar un traballo de reciclaxe que fixen tallando o vidro destas dúas botellas de viño alvariño coas que nos agasallaron uns amigos para compartir unha agradable velada. (É unha mágoa que ó subir as fotografías a Blogger perdan a intensidade das cores).
Tamén quero celebrar con esta foto as máis de 10.000 veces que pasáchedes por aquí a ver as miñas obras fotográficas, agardando que algunha vos gustara e que non deixedes de vir de vez en cando.
Grazas.  



OS PATOS DE REGAL


Alí están, no seu estanque, convivindo con todo o  arte que podemos atopar no Bosque das Esculturas e máis en todo o complexo cultural e conxunto museístico Regal Xunqueira de Viveiro.


O DORMITORIO DE SARI




Puta crise


POLAROID. DANZA



Para intentar aproveitar outras dúas fotografías que non saíron da cámara nin se revelaron por quedarse enganchadas unha con outra pasoume pola cabeza facer unha transferencia para aproveitalas.
Transferencia de emulsión química Impossible Polaroid, óleo e lápis.




POLAROID. AGARDANDO OS PAXAROS



Emulsión química de película Impossible Polaroid, óleo e lápis.


PEIRAO E ASTANO



A brétema non deixa ver Astano... aínda que agora a chamen Navantia.
O que fora un dos máis importantes estaleiros do mundo xa casi non se ve... 




NA BEIRA DO MAR



Así de fotoxénico amenceu hoxe o peirao de Perlío, pechadiño de néboa.




UN DIA DE PRAIA




Xogando cunha mini-cámara Minox DCC 5.1

MONTESA IMPALA



O pasado fin de semana celebrouse polas rúas de La Bañeza o "54 Gran Premio de Velocidad Ciudad de la Bañeza". Alá nos fumos un ano máis, xunto con miles de aficionados ó motociclismo a disfrutar das carreiras de motos clásicas e do excepcional ambiente moteiro.



POLAROID. TRANSFERENCIA Nº 1



Experimentando a técnica de transferencia da emulsión química da película Impossible para Polaroid con dúas fotografías que por algún motivo que descoñezo non se revelaron. Trátase de separar a emulsión química da lámina plástica e do papel que forman a fotografía e depositala sobre un papel de acuarela, co que se consiguen interesantes efectos e texturas. 
Neste caso ben podería tratarse dun cadro abstracto.





POLAROID. PRAIA DE DONIÑOS



Praia de Doniños, da serie: Ferrolaneando



POLAROID. PRAZA DE ESPAÑA



Praza de España, da serie: Ferrolaneando.





POLAROID. CASTELO DE SAN FELIPE



Castelo de San Felipe, da serie: Ferrolaneando






POLAROID. RÚA SAN FRANCISCO



Rúa San Francisco, da serie: Ferrolaneando




POLAROID. PEIRAO DE CURUXEIRAS



Peirao de Curuxeiras, da serie: Ferrolaneando





POLAROID. O CASTELO DE ANDRADE



O castelo de Andrade, da serie: Recunchos de Pontedeume


POLAROID. CAPELA DE SAN MIGUEL DE BREAMO



Capela de San Miguel de Breamo, da serie: Recunchos de Pontedeume



POLAROID. MERENDEIRO NO RÍO EUME



Merendeiro no río Eume, da serie: Recunchos de Pontedeume


POLAROID. AMAÑANDO AS REDES NO PEIRAO



Amañando as redes no peirao, da serie: Recunchos de Pontedeume



POLAROID. RÚA ALCACER



Rúa Alcacer, da serie: Recunchos de Pontedeume


POLAROID. A PONTE DO EUME



A ponte do Eume, da serie: Recunchos de Pontedeume



POLAROID. A RÚA REAL



A rúa Real, da serie: Recunchos de Pontedeume



POLAROID. O TORREÓN DOS ANDRADE



O Torreón dos Andrade, da serie: Recunchos de Pontedeume

Pois seguimos xogando coa Polaroid... 
Ademais da serie adicada a Fene, o meu concello, tamén quero adicarlle unha pequena serie con este tipo de fotografía á vila onde miña nai me trouxo a este mundo: Pontedeume.





A POMBA E OS GUINDASTRES



Dous elementos típicos da paisaxe urbana de Ferrol.



POLAROID VIII. PRAIA DE RÍO SANDEU



Praia de Río Sandeu, da serie: Paseo por Fene