ADEUS SEÑOR DAS POMBAS



Hoxe deixounos Pachara, un mítico e carismático persoaxe das rúas de Ferrol. 
Para mín, e para a miña obra, sempre será "O Señor das pombas"...

Pachara xa aparecera nesta bitácora o 7 de marzo do 2011 alimentando as pombas da praza de Armas e nalgunha outra fotografía camiñando polas rúas, posiblemente dirixíndose cara ó Cantón para "regular" os aparcamentos.

Tamén inspirou un gravado á augaforte e augatinta que fixen o ano pasado.





























e neste pasado verán fixen outra versión de "O Señor das pombas" con este debuxo a técnica mixta.



D.E.P. José Manuel Sayar. "O Señor das pombas".





MEMORIAS DUN NENO LABREGO






































Seica "Memorias dun neno labrego" é o libro máis lido da literatura galega.

Hoxe 15 de novembro de 2015 finou na súa parroquia natal de Gres, en Vila de Cruces, Pontevedra, o seu autor, un dos grandes da Galiza:  D. Xosé Neira Vilas

Eu tiven a honra de retratalo o día 4 de xullo do 2009 co gallo do 75 aniversario do Monumento ó Camiñante Descoñecido de Barallobre, Fene.


Aquí témolo cantando o Himno Galego no remate do acto.

D.E.P.


SIRIA


A fotografía non sempre amosa beleza.

Hoxe en tódalas redes sociais e nos medios de comunicación non para de falarse dunhas imaxes captadas pola fotógrafa turca Nilüfer Demir nas que aparece o cadaver dun neno nunha praia afogado xunto con outras once persoas (7 meniños) cando tentaban seguir as súas vidas fuxindo da barbarie que está acontecendo no seu país.
Estáse a cuestionar por moita xente á fotógrafa por ter publicado esas fotografías pero eu penso que a quen temos que cuestionar é ó noso propio "mundo" por permitir que pase o que está pasando.


T.E.N. NO MEDIO DO CAMPO


Tecnoloxía Eólica Natural


NAI


Andreia e Sofía

FRANCISCO


Tríptico da serie Xardíns.






CRISTINA


Tríptico da serie Xardíns


ABRELA


Praia de Abrela, O Vicedo, Lugo.


OS PÉS DO AVÓ


O Avó ten a sona de ser o eucalipto (eucaliptus globulus) de maior porte de Europa cun perímetro duns 10,5 m. e unha altura de 67 m. 
O seu pé pisa firme o Souto da Retorta na marxe dereita do río Landro, no lugar de Chavín en Viveiro (Lugo). 
Din que foi plantado aló polo ano 1880.

E CHEGAMOS A UNHA PRAIA...


A praia de Abrela no concello de O Vicedo, Lugo.

A LAVANDEIRA


Unha imaxe costumista no pobo de O Cebreiro (Lugo)

COMPOSICIÓN NO PEIRAO


Compoñendo unha paisaxe con liñas nun peirao un día de inverno.


HUMULUS LUPULUS


Non fuche tí a cervexa que me refrescou a gorxa...


ENCRUCILLADA DO INVERNO


As árbores dun bosque nevado
a estrada que o cruza 
e un pequeno regato.




ORBALLO II


Estaleiro de Navantia en Fene na ría de Ferrol un día de inverno. O estaleiro onde non se fan barcos que para moitos de nos será Astano durante toda a vida.

ORBALLO


Panorámica dunha paisaxe mariña da ría de Ferrol mirando a Caranza nun día de inverno.